Tom Kuntz / Mike Maguire – Frontier Psychiatrist

Posted in Uncategorized with tags , , , , , , , on 06/09/2009 by Xoel

O albúm debut dos australianos The Avalanches aló polo ano 2000, Since I Left You,  tivo unha excelente resposta sobre todo no Reino Unido onde rápidamente acadou un oitavo posto na lista de álbumes máis vendidos.  Amantes do son electrónico, do ruido e do fenómeno “turntable” (non hai que esquencer que Avalanches é máis ben un colectivo de DJs), encheron o seu traballo de samples extraidos de outros álbumes de música, películas e series de TV…

Sen dúbida algunha foi o seu tema Frontier Psychiatrist o que maior éxito acadou entre as masas, en gran medida axudado polo videoclip que o acompañou na súa promoción.

As cabezas pensantes para a realización desde videoclip foron os creativos Tom Kuntz e Mike Maguire. A pesares de contar cunha realización e montaxe do máis clásico e sinxelo, a súa posta en escena, a caracterización dos personaxes e a historia desembocan nun dos videoclips máis frescos e tolos creados ata o momento sen deixar que a seriedade/realidade asome en ningún momento…

Así pois, o traballo (primeira irrupción destes creativos no mundo da música) foi nomidado ao mellor video do ano nos CADs británicos. Este tandem seguiu acadando grandes éxitos no mundo do videoclip con temas tan coñecidos como Danger! High Voltage! e Gay Bar do grupo Electric Six e All My Friends de LCD Soundsystem entre outros…

Traktor – Ya Mamma (Push The Tempo)

Posted in Uncategorized with tags , , , , , , , on 28/04/2009 by Xoel

O colectivo de realizadores e produtores sueco, Traktor, foi o encargado de crear este divertido e caótico videoclip para o máis que coñecido tema do Dj británico Fatboy Slim (Norman Quentin Cook).

Ya Mamma saiu á luz, no ano 2000, incluido no que sería o terceiro álbum de Norman: Halfway Between the Gutter and the Stars. A canción tivo tan boa recepción por público e crítica que foi reeditado nun doble single (Song for the Shelter / Ya Mamma) ao seguinte ano, pasando tamén a formar parte da banda sonora da película Los Ángeles de Charlie.

Os suecos Traktor fixéronse un gran eco no mundo da creación audiovisual destacando sobre todo no campo da publicidade (Levis, MTV, Adidas, Diesel,…) así como realizando videoclips para Madonna, Fatboy Slim, Basement Jaxx, The Prodigy…  cos que xa levan acadado un bo puñado de premios na Gran Bretaña e nos EEUU.

Actualmente este colectivo atópase inmerso na produción da longametraxe de ciencia/ficción Siphon, a cal, ten previsto sair á pantalla grande no 2010.

Eric Goode/Serge Becker – Pinion

Posted in Uncategorized with tags , , , , , on 09/04/2009 by Xoel

Retrocedemos ata o outono de 1992 cando Trent Reznor (NIN) rompe notoriamente a súa relación co selo discográfico TVT Records e lanza  o seu segundo e máis que adorado traballo Broken (Halo 5), presentado nun pack formado por:

CD

  1. Pinion
  2. Wish
  3. Last
  4. Help Me I Am In Hell
  5. Happiness In Slavery
  6. Gave Up

e Mini CD

  1. Physical (You’re So)
  2. Suck

Prácticamente cada tema foi acompañado dun video quedando estes “incluidos” no proxecto filmográfico coñecido como Broken Movie encabezado polo propio Reznor e o director Peter Christopherson. Este proxecto nunca veu a luz oficialmente e foi únicamente circulando en formato VHS entre coñecidos da banda. A día de hoxe, existen varias versións da película dixitalizada en calidade DVD para descargar na rede.

Pinion é xunto a A Violent Fluid o tema máis corto da discografía de NIN e o encargado de abrir este álbum, o video foi realizado en branco e negro por Eric Goode e o seu axudante Serge Becker, quen fixeron o propio para o tema Help Me I Am In Hell.

No seu lanzamento no ano 1992, a MTV considerou o contido do video demasiado duro e limitou a súa emisión ao horario nocturno…

Michel Gondry – Let Forever Be

Posted in Uncategorized with tags , , , on 05/04/2009 by Xoel

Estreamos este blogue con Let Forever Be, é un dos temas estrela do terceiro álbum (Surrender, 1999) do arquicoñecido dúo británico Chemical Brothers (Tom Rowlands, Ed Simons), tema no que colaborou Noel Ghallager (Oasis) imprimándolle un toque “beattleliano”.

Para a realización do psicodélico videoclip contaron nada máis e nada menos que coa mestría do versallés Michel Gondry. Este artista visual aparte de traballar co dúo de Manchester, realizou outras obras demostrando sobrado talento e orixinalidade para músicos do nivel de Björk, Daft Punk, Foo Fighters, Radiohead, The White Stripes

O máis notorio do traballo de Gondry (Videoclips, Curtametraxes, Documentais, …) quedaría recollido en DVD no terceiro volume da colección “The Work of Director:” do selo Directors Label no ano 2003.